30.06.2017
Quere ser unha primeira experiencia de vida independente para adultos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual || A achega do concello ascende a 10.000 euros
![]() |
O Concello de Santiago de Compostela financia este ano á Fundación Down Compostela para desenvolver o proxecto de vida independente “Esto é vida”, unha primeira experiencia de Vida Independente para adultos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual que nunca puideron desfrutar da posibilidade de xestionar a súa vida de maneira plena e autonóma.
Contía da achega: 10.000€
Breve descrición do proxecto: Recurso deseñado para capacitar as persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual para aprender a vivir de forma independente: Vivir na súa propia casa, planificar o seu futuro, realizar os seus proxectos de vida, capacidade de toma de decisións onde e con quen queren vivir nun futuro... en definitiva, xestionar a súa propia vida.
Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e/u discapacidade intelectual, preparándoas para unha vida autónoma e activa, plenamente integrada na sociedade.
Tiene como objetivo mejorar la capacidade de expresión y comunicación de las personas con Síndrome de Down y otras discapacidades.
El aprendizaje de la lecto-escritura es fundamental para poder desarrollar todas las capacidades y habilidades de los niños, jóvenes y adultos con...
© 2018 Down Compostela · Aviso legal · C/ Alejandro Novoa González, nº1 - 15706 - Tel.:(+34) 981 563 434 - Fax: (+34) 981 534 545 · downcompostela@downcompostela.org