O Instituto Galego para a Promoción Económica (Igape), dependente da Xunta de Galicia, facilitou a adquisición de recursos tecnolóxicos na Fundación Down Compostela para facilitar a atención telemática ás persoas usuarias. Con esta achega de 7.852 euros, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, Down Compostela puido adquirir 8 ordenadores portátiles, 10 cámaras web, 17 licencias Windows, 8 licencias Office, 1 licencia Zoom, facilitarlle formación e asesoramento aos profesionais da fundación y mercar software para permitir a conexión remota.
Breve descrición da actuación
A situación de confinamento e illamento social, ten maiores consecuencias no caso das persoas con discapacidade intelectual, e a pesar de que coas medidas adoptadas se mantivo a atención a distancia cos usuarios/as, as verdadeiras consecuencias deste illamento debemos valoralas agora, coa volta «á nova normalidade», polo que serán necesarias medidas específicas para atender as necesidades persoais e psicolóxicas, así como deseñar de novo a estratexia a seguir con cada persoa en función da valoración inicial/diagnose que se faga no retorno aos servicios da entidade.
Con isto, foi moi complicado facer que estas persoas non se quedaran á marxe das actuacións desenvolvidas nestes últimos meses, e que tiñan de fondo, a maioría delas, a utilización das novas tecnoloxías para poder acceder a elas (sesións de traballo online coas persoas usuarias tanto de carácter individual coma grupal, grupos de familias a distancia, actividades e retos lanzados a través das redes sociais, entrevistas online, sesións formativas para familias e persoas usuarias telemáticas…). Ante esta nova realidade, que conleva en gran medida a informatización da prestación dos servizos é necesario dispor nas nosas organizacións dun equipamento tecnolóxico que asegure que o equipo de profesionais da entidade Down Compostela poidan desenvolver o seu traballo de tal maneira, que todas as persoas usuarias poidan seguir beneficiándose das actividades que se poñan en marcha e poder manter a eficacia e a eficiencia da intervención e atención ás nosas persoas usuarias e as súas familias.
Obxectivos da actuación
Adquisición de ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías que permiten traballar con un maior nivel de éxito no desenvolvemento da actividade do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal da Fundación Down Compostela.