A Asociación Síndrome de Down Compostela, a través das axudas enmarcadas no programa de Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, desenvolveu entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2021, o proxecto ‘COIDARSE É-SAÚDE‘, cunha achega de 2980 euros.
Este Proxecto enténdese como unha medida necesaria de reforzo que permita garantir a seguridade das persoas usuarias a través do adecuado e continuo uso e aplicación das medidas hixiénico-sanitarias vixentes.
COIDARSE É-SAÚDE componse da actividade ‘REFORZO DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN HIXIÉNICO-SANITARIAS FRONTE Á COVID-19‘, a cal contempla actuacións encamiñadas a dar coñecer as distintas medidas de prevención hixiénico-sanitarias existentes (máscaras, xel hidroalcohólico, lavado de mans, control de temperatura, alfombra desinfectante, distancia de seguridade, etc.) e poñelas en práctica, contribuíndo á concienciación acerca da importancia de cumprir coas medidas preventivas instauradas e de facelo adecuadamente.
Obxectivos do proxecto:
Obxectivo xeral: fomentar nos rapaces e rapazas con síndrome de Down e discapacidade intelectual hábitos saudables de hixiene e autocoidado a través do coñecemento e uso adecuado de medidas preventivas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19.
Obxectivos específicos:
- Coñecer e poñer en práctica as medidas hixiénico-sanitarias implantadas trala crise sanitaria derivada da COVID-19.
- Favorecer a participación activa de todas as persoas beneficiarias do Proxecto.
- Potenciar a comunicación, diálogo e intercambio de información durante o desenvolvemento do Proxecto.
- Levar a cabo a actividade contemplada no Proxecto.
- Tomar conciencia da importancia de seguir as indicicacións e cumprir coas medidas de seguridade e hixiene para minimizar o risco de contaxio pola COVID-19.