![]() |
A biblioteca da Casa Común dos Tilos acolle ata finais do mes de febreiro as fotografías da Exposición Miradas coa que a Fundación Down Compostela quere amosar á sociedade a realidade cotiá das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e demostrar que entre as persoas con e sen discapacidade son moitas máis as semellanzas que as diferenzas.
Todos os que durante este mes se acheguen ata a biblioteca, poderán contemplar as fotos entre os numerosos libros que poden consultar neste espazo cultural. A exposición consta de 27 fotografías, distribuidas en cinco series, realizadas por fotógrafos profesionais. Cristina de Middel retrataou as actividades diarias da Fundación, Óscar Dacosta amosa a autonomía das persoas con Síndrome de Down; Luis Díaz as afeccións de catro dos protagonistas da serie; Rafa Pasadas encargouse da Vida en Parella, e o fotógrafo teense Moncho Rivadulla e o autor da serie de Música.
A Exposición Miradas forma parte do proxecto do mesmo nome co que a Fundación Down Compostela ten en marcha este ano e que inclúe unha campaña de comunicación e a venda dun calendario solidario para recadar fondos. O Calendario 2013 recolle unha mostra de doce das 27 fotos que se poden ver na exposición.
A Fundación Down Compostela inaugurou a Exposición Miradas no Pazo de Fonseca o pasado 16 de outubro. Dende entonces as fotografías estiveron expostas en na Casa de Cultura de Bertamiráns (Ames), o Concello de Ordes, o Centro Comercial As Cancelas, o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (Oroso) e o Concello de Boqueixón, para despois da súa estadía en Teo, volver a Santiago no mes de marzo e seguir percorrendo diferentes concellos da comarca.

