Programa: Programa de adquisición de competencias profesionais’
Contía da achega: 13.373,29 Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no ámbito do programa operativo de Emprego xuvenil
Breve descrición do proxecto: A persoa contratada a través desta subvención, terá que realizar actividades de capacitación profesional a través da práctica cos diferentes usuarios que acoden á Fundación diariamente. Terá que facer unha planificación que virá marcada polo tempo de contratación, e na que deberá elaborar actividades relacionadas con diversas profesións (limpeza, hostalería, comercio…) coa finalidade de traballar transversalmente habilidades aplicables á vida diaria, ó tempo que adquiren competencias profesionais de diferentes profesións.
Obxectivo xeral do proxecto: Desenvolver accións de formación ocupacionais e laborais que lles posibiliten ás persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades que lles faciliten a súa integración laboral, de ser o caso, ou ben que lles permitan adquirir diferentes habilidades profesionais, co obxecto de traballar transversalmente outros aspectos.