A Fundación Down Compostela desenvolve ao longo do 2019 as actuacións “Itinerarios de Inclusión Social e/ou sociolaboral” e “Curso de Adquisición e mellora da competencia dixital para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” grazas a unha achega da Consellería de Política Social no marco da Orde do 13 de Xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020)
Proxectos de Inclusión social e/ou sociolaboral
- Contía da achega: 12576.98 €
- Breve descrición da actuación: A partir da valoración individual e diagnose de cada persoa participante, deséñase un proxecto personalizado de inclusión social e/ou sociolaboral en función das dúas necesidades e características. A partir do proxecto deseñado lévanse a cabo durante o período establecido as diferentes actuacións definidas no mesmo coa fin de mellorar as súas posibilidades de inclusión sociolaboral. Esta actuación está dirixida ó colectivo de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
- Obxectivo xeral da actuación: Dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais das persoas participantes para a mellora da súa inclusión sociolaboral a través do acompañamento, titorización, orientación, resolución de conflitos,…e todas aquelas accións deseñadas e acordadas nos seus proxectos de inclusión coa fin de contribuír tanto ao axuste persoal e social coma ao acceso e/ou permanencia no mercado laboral.
- Resumo de indicadores de execución e resultado: Promover a inclusión sociolaboral e dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais de 12 persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a través do deseño, diagnose, seguimento e da implementación das diferentes actuacións individuais e/ou grupais recollidas nos seus proxectos de inclusión sociolaboral que respondan ás súas necesidades persoais, sociais e laborais así como o asesoramento continuo das mesmas (titorización, orientación, resolución de conflitos,…)
Curso de Adquisición e mellora da compentencia dixital para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
- Contía da achega: 4.777.30 €
- Breve descrición da actuación: Curso de formación adaptada enmarcado na liña de actuación B) 2º- Atencións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios de exclusión. 2- Prestacións do servizo de formación adaptada da Orde do 13 de xullo de 2018. Segundo contempla o Decreto 61/2016 do 11 de febreiro polo que se define a Carteira de Servizos sociais de inclusión esta actuación executarase no marco do Servizo de formación adaptada (0304) “servizo dirixido ao deseño e á impartición de accións formativas axustadas á persoa baixo parámetros de proximidade, flexibilidade, calidade e innovación, que ten en conta as dificultades e obstáculos asociados a factores de vulnerabilidade, o que implica entre outros compoñentes desta acción positiva, levar a cabo unha diagnose das especialidades da contorna, unha detección das necesidades e capacidades do alumnado, unha adaptación de contidos, metodoloxías e tempos da acción formativa, e realizar accións de motivación e apoio do exercicio da autonomía persoal”. A proposta formativa “Adquisición e mellora da competencia dixital para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” conta con un total de 196 horas lectivas estruturadas como sigue:
- Obxectivo xeral da actuación: Adquirir os coñecementos básicos para manexar axeitadamente un ordenador, tablet ou teléfono móbil e saber desenvolverse con certa soltura en Internet, xerando hábitos axeitados como forma de reducir a vulnerabilidade das persoas destinatarias en risco e/ou situación de exclusión social con baixa cualificación.
- Resumo de indicadores de execución e resultado: Lograr que a través desta acción de formación adaptada 8 persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual melloren a súa competencia dixital e as súas posibilidades de empregabilidade.