Down Compostela poderá contratar a unha persoa para reforzar o funcionamento do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) da Fundación grazas a unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego Igualdade da Xunta de Galicia de 22.050 euros para o fomento do emprego a través dos Programas de Cooperación 2023-2024. Esta contratación faise ao abeiro do ámbito da colaboración coas entidades sen ánimo de lucro segundo a orde do 31 de xullo de 2023, publicada no DOG número 139.
O SEPAP de Down Compostela comprende un conxunto de recursos que procuran as habilidades sociais, académico-funcionais e adaptativas precisas para que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual incrementen o seu nivel de autonomía.O obxectivo xeral da actuación é contribuír á mellora da calidade de vida das persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais a través da provisión de apoios que cada persoa necesita en todos os ámbitos da súa vida, favorecendo a súa participación da forma máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante o fortalecemento de recursos persoais, o adestramento da autonomía persoal, a aprendizaxe para unha vida autónoma independente, a xestión e desfrute do tempo de lecer, o acceso e participación en accións formativas, a incorporación ao emprego.