Participantes en el taller y algunas de las creatividades

Participantes en el taller y algunas de las creatividades

A Asociación Down Compostela acaba de recibir unha subvención da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de 4.000 Euros para o desenvolvemento do Proxecto “Re-Cre-Arte no Lecer”.

O Proxecto “Re-Cre-Arte no Lecer” ten a finalidade de fomentar e proporcionar experiencias innovadoras, motivadoras, participativas e vitais, de achegamento a contornos e contidos culturais e normalizados que aportan un valor engadido ao mero disfrute do tempo de lecer, onde os participantes, xóvenes con Síndrome de Down e con discapacidade intelectual maiores de 16 anos socios/as da Asociación Síndrome de Down Compostela, son os propios protagonistas.

Este proxecto componse de dúas actividades: Creando Teatro e Obradoiro de Expresión Artística.

A importancia deste Proxecto reside en seguir avanzando na normalización da vida social dos nosos xóvenes con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual, fomentando, ao mesmo tempo, actitudes participativas e activas na sociedade e contribuíndo á mellora da súa autonomía.