A Deputación da Coruña colabora este ano con DOWN COMPOSTELA cunha achega de 1.950 euros para actualizar o equipamento tecnolóxico da entidade, o que lle permite á Fundación mellorar as condicións de traballo e de atención a distancia das persoas e familias usuarias, que mudaron debido a pandemia da covid-19.

Breve descrición da actuación

No SEPAP (Servicio de Promoción da Autonomía Persoal) de DOWN COMPOSTELA contamos cun espazo físico habilitado, entre outras actividades, para a implementación dos programas de atención directa coas persoas usuarias e coas nosas familias: logopedia, lecto-escritura, inclusión social e laboral, cognitivo, atención temperá, psicomotricidade, autonomía…

Co paso do tempo, as infraestructuras, os medios tecnolóxicos, as instalacións… van quedando obsoletos e son necesarias renovacións, ademais de aparecer novas necesidades. 

A través desta axuda da Deputación da Coruña puidemos comprar equipamento necesario para solventar certos aspectos derivados do desgaste das instalacións e tamén da crise provocada pola covid-19, para facilitar o teletraballo do cadro de personal e tamén seguir mantendo videoconferencias e atención a distancia das persoas usuarias.

Obxectivo xeral da actuación 

Garantir unha relaización de  actividades de calidade a través da posta a disposición do equipamento, dos medios e materiais e tecnolóxicos necesarios para a execución das mesmas.