Incrementar o grao de independencia no fogar, diminuido todo o posibles as necesidades de apio no entorno familiar, é un dos obsectivos que persegue o Programa de Independencia no Fogar que desenvolver a FUNDACIÓN DOWN COMPSOTELA ao longo deste exercicio. Este programa conta este ano cunha achega da Depuatción da Coruña de 9.932,46 euros. A Deputación da Coruña acaba de confirmar a financiación do programa de autonomía no fogar que ten en marcha a FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA para contribuir a independencia e vida autónomas das personas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

O organismo provincial tamén subvencionou a rehabilitación dalgunhas partes do edificio que acolle o SEPAP (Servicio de Promoción da Autonomía Persoal) da Fundación e que presta axuda directa a 105 personas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, cunha achega de 2.795,10 euros.

Os usuarios que participan no Programa de Independencia no Fogar tentan adquirir habilidades e destrezas para cubrir as necesidades básicas do fogar: limpeza, elaboración de alimentos, coidado da casa, coidado da roupa, etc. Conseguir que os xoves e adultos con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poidan exercer o control sobre as súas propias vidas e acaden altas cotas de independencia e outro dos obxectivos desta actividades que subvenciona a Deputación da Coruña.