Acadar as maiores cotas posibles de independencia dentro do fogar, diminuindo todo o posible as necesidades de apoio no entorno familiar é un dos obxectivos que persegue o Programa de Independencia no Fogar que desenvolve DOWN COMPSOTELA ao longo deste exercicio. Este programa conta este ano cunha achega da Depuatción da Coruña de 10.546,72 euros.A Deputación da Coruña acaba de confirmar a financiación do programa de autonomía no fogar que ten e nmarcha a FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA para contribuir a independencia e vida autónomas das personas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. O organismo provincial tamén subvencionou o equipamento do SEPAP (Servicio de Promoción da Autonomía Persoal) da Fundación que permitirá a adquisición de ordenadores para os profesionais e de material de psicomotricidade.

Os usuarios que participan no Programa de Independencia no Fogar tentan adquirir habilidades e destrezas para cubrir as necesidades básicas do fogar: limpeza, elaboración de alimentos, coidado da casa, coidado da roupa, etc. Conseguir que os xoves e adultos con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poidan exercer o control sobre as súas propias vidas e acaden altas cotas de independencia e outro dos obxectivos desta actividades que subvenciona a Deputación da Coruña.

A Deputación Provincial tamén financia parte do equipamento do SEPAP da Fundación o que permitirá adquirir tres ordenadores para os profesionais que promoven a autonomía persoal das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual máis a compra de material de psicomotricidade. A achega do ente provincial para esta partida ascendeu a 2.397,78 euros