A finalidade da Fundación Down Compostela é proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual en xeral os recursos adecuados que permitan a súa participación da maneira más autónoma e independente posíbel na comunidade, mediante o fortalecemento dos recursos persoais e o adestramento da autonomía persoal, a incorporación efectiva ó emprego ordinario, e o aprendizaxe para unha vida autónoma independente. Para isto realizaranse diferentes actuacións en función da idade e/ou das necesidades individuais de cada persoa gran parte delas desenvólvense na sede da Fundación, que acolle o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) de DOWN COMPOSTELA.

Con esta achega levouse a cabo parte da rehabilitación da fachada da sede da Fundación DOWN COMPOSTELA para garantir a calidade desta atención ás persoas usuarias e as súas familias, evitar riscos de accidentes e para a saúde dos socios e dos profesionais así coma manter as instalacións en bo estado.

En concreto neste ano executouse a rehabilitación da fachada norte do edificio concretándose os seguintes traballos para la recuperación de los niveles iniciais de confortabilidade y seguridade do edificio:

  • Lavado, limpeza, retacado de xuntas, e aplicación de tratamento impermeabilizante
  • Anclaxe das pezas de granito de la fachada norte con parafusos de aceiro inoxidable

Obxectivo xeral da actuación: Garantir a seguridade e a calidade da atención ás persoas usuarias ofrecéndolles unhas instalación seguras e confortables, rehabilitando os desperfetos e o deterioro da fachada norte do edificio.