A Deputación da Coruña ven de financiar as melloras das condicións de traballo no SEPAP de Down Compostela, cunha achega de 11.734,65 euros para adquisición de 3 ordenadores e 9 monitores e para cambiar a iluminación e as luces de emergencia.
Breve descrición da actuación:
A finalidade da Fundación Down Compostela é proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais os recursos axeitados que permitan a súa participación da maneira máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante o fortalecemento dos recursos persoais e a promoción da súa autonomía persoal, a incorporación efectiva ó emprego ordinario, e calquera aprendizaxe que favoreza o desenvolvemento dunha vida autónoma e independente.
Para acadar isto realizaranse diferentes actuacións en función da idade e/ou das necesidades individuais de cada persoa, gran parte delas desenvólvense na sede da Fundación. A medida que pasa o tempo, o local vai precisando melloras que con axudas como as da Deputación da Coruña imos podendo acometer, tanto para a conservación do propio local como na mellora da dotación tecnolóxica para traballadores e usuarios.
Con esta achega fixéronse dúas melloras moi importantes para a entidade:
- adquiríronse 3 ordenadores e 9 monitores
- e realizouse un cambio na instalación lumínica substituindo todos os downligts da entidade e as luces de emerxencia.
Obxectivo xeral da actuación:
Garantir un espazo de traballo con equipamento e instalacións adecuadas ás necesidades das persoas beneficiarias e traballadoras.
