A Deputación da Coruña financia o programa Plan Global de Autonomía 2018 cunha achega de 10.000 euros. O proxecto céntrase na planificación e implementación de actividades destinadas a promover a autonomía das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en todos os ámbitos: persoais (habilidades de aseo, alimentación, autocoidado,…), sociais, de autonomía no fogar e autonomía urbana.

Obxectivo xeral da actuación:
Fomentar nas persoas beneficiarias as habilidades de autonomía correspondentes a cada unha das áreas vitais (persoal, social, urbana, doméstica….) de xeito que diminúan os niveis de dependencia e a necesidade de apoio e os convertan en individuos activos socialmente, o máis autónomos posible, así como favorecer a implicación dos familiares neste proceso.

O proxecto consta de dúas partes:

A) Intervención directa cas persoas usuarias na entidade (na sede da Entidade e na contorna): Intervención directa coas persoas usuarias na entidade tanto na sede da Fundación (piso simulado) coma na contorna coa fin de lograr os obxectivos individuais establecidos para cada persoa usuaria na súa programación individual.
B) Intervención coas familias: Dentro desta liña trabállase cos familiares para axudalos, orientalos e darlles apoio no proceso de educación e formación dos seus fillos e fillas cara a autonomía. Esta intervención individual cos familiares lévase a cabo delimitando obxectivos de autonomía persoal e autonomía no fogar para traballar directamente no ámbito natural onde vive a persoa usuaria, englobándoos nas rutinas diarias.