A Deputación da Coruña acaba de concederlle á Fundación

A Deputación da Coruña acaba de concederlle á Fúndación Down Compostela unha achega de 16.775 euros para financiar o programa ‘Desenvolvemento de competencias sociais e emocionais’ para o presente exercicio 2019, que ten por obxectivo fomentar as competencias sociais e emocionais das persoas con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual, mellorando a súa capacidade de comunicación, mellorar as súa expresión e potenciar o desenvolvemento cognitivo.

Breve descrición da actuación 

Un dos requisitos para ser autónomo e independente é desenvolver as competencias sociais e emocionais. A través das actuacións financiadas coa axuda da Deputación de A Coruña, realízase intervención para o desenvolvemento destas competencias sociais e emocionais materializándose en sesións de atención directa dos programas de logopedia, de psicomotricidade e de razoamento cognitivo impartidas por profesionais do equipo multidisciplinar da entidade. Para que esta sexa sistemática e eficaz deséñase un Plan Individual de atención para cada unha das persoas beneficiarias detallando os programas de intervención e os obxectivos individuais a conseguir coa implementación do proxecto. Os obxectivos individuais detállanse no rexistro de seguimento. Os beneficiarios deste proxecto están en fase de escolarización nos seus centros educativos nas etapas de educación infantil, primaria, secundaria e FP básica e asisten á entidade para recibir atención especializada adecuada ás súas necesidades actuais sempre con proxección á vida adulta independente e inclusiva.

Obxectivos da actuación:

  • Mellorar a capacidade de comunicación dos nenas/os e mozas/os coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en xeral para favorecer a súa inclusión socio-educativa e a súa autonomía.
  • Mellorar e fomentar as posibilidades motrices, expresivas, creativas e socio-afectivas dos nenas/os e mozas/os coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en xeral empregando o corpo como ferramenta para favorecer inclusión socio-educativa e a súa autonomía.
  • Potenciar as actividades mentais dos nenas/os e mozas/os coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en xeral para desempeñar tarefas, resolver problemas e para ser un pensador independente e autónomo favorecendo así a inclusión socio-educativa e a súa autonomía.