O proxecto de Vida Independente ‘Isto é Vida’ que ten en marcha a Fundación Down Compostela nun piso do barrio de Fontiñas acaba de recibir o apoio da Deputación Provincial da Coruña, que concedeu unha axuda de 4.998,02 euros para o equipamento da vivenda.O programa ‘Isto é Vida’ permitirá  a mozos de Down Compostela ter as súas primeiras experiencias de vida independente no piso situado no barrio de Fontiñas e que foi cedido pola Consellería de Traballo e Benestar.Ademais da Deputación da Coruña, Down Compostela contou para este proxecto tamén coa colaboración da  Fundación Once, que concedeu unha achega de 5.050 euros, e de Ibercaja, cuxa obra social achegou outros 5.000 euros para o equipamento desta vivenda.