A Deputación Provincial da Coruña vén de concederlle á Fundación Down Compostela unha subvención de 12.480 euros para financiar o proxecto de Desenvolvemento de competencias sociais e instrumentais. A Fundación foi unha das entidades beneficiadas do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e s ervizos en amteria de servizos sociais no exercicio 2024 (convocatoria FOAXE-P/2024.

Breve descrición do proxecto

Down Compostela destinará estes 12.480 euros á intervención para o desenvolvemento de competencias sociais e instrumentais, que se materializará en sesións de atención directa dos programas de logopedia, lectoescritura, razoamento cognitivo e autonomía impartidas por profesionais do equipo multidisciplinar da entidade. 

As persoas beneficiarias deste proxecto residen en distintos concellos, a maioría próximos a Santiago de Compostela, así como no propio municipio de Santiago, encóntranse en fase de escolarización nos seus centros educativos nas etapas de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional básica. As persoas usuarias asisten á entidade para recibir atención especializada adecuada ás súas necesidades, sempre con proxección á vida adulta independente e inclusiva.

Obxectivos da actuación

O obxectivo xeral é mellorar as competencias sociais e instrumentais mediante a adquisición de habilidades lingüísticas, de comunicación, en lectura e escritura, cognitivas e de autonomía en nenas/os e mozas/os coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual favorecendo a súa inclusión socio-educativa e a súa autonomía.