A Fundación Down Compostela conta cun espazo físico habilitado para o seu emprego de xeito multiusos (244,89 m2), para a realización de diversas actividades, onde se poden realizar cursos, xornadas, representar obras teatrais, concertos, etc. pero non conta coa dotación de cadeiras e mesas para dimensionar o aforo da instalación de xeito que se poidan levar todas as actividades anteriormente mencionadas. A incorporación de cadeiras e mesas permitirá a xeración futura de novos proxectos a levar adiante dende a Fundación, tanto as que se promovan por ela mesma coma aquelas que se poidan facer en colaboración con outras entidades, sobre todo discapacitados, públicas e/ou privadas de carácter local, autonómico ou nacional.