Acadar as maiores cotas posibles de independencia dentro do fogar, diminuindo todo o posible as necesidades de apoio no entorno familiar é un dos obxectivos que persegue o Programa de Independencia do Fogar que desenvolve a Fundación Down Compostela ao longo deste exercicio. Este programa conta este ano cunha achega da Depuatción da Coruña de 4.493,72 euros.Os usuarios que participan no Programa de Independencia no Fogar tentan adquirir habilidades e destrezas para cubrir as necesidades básicas do fogar: limpeza, elaboración de alimentos, coidado da casa, coidado da roupa, etc. Conseguir que os xoves e adultos con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poidan exercer o control sobre as súas propias vidas e acaden altas cotas de independencia e outro dos obxectivos desta actividades que subvenciona a Deputación da Coruña.
Noticias
- Down Compostela e a USC convocan unha praza de aloxamento compartido para estudantado no marco do programa ‘Isto é vida’ 29 septiembre 2026
- Pamela Casagrande brinda no Banquete de Conxo “pola diversidade, pola igualdade e pola inclusión nun mundo máis xunto, libre e humano” 25 mayo 2026
- Daniel Martínez anima aos empresarios “a contratar a persoas con discapacidade, porque sabemos traballar” 25 mayo 2026
- Down Compostela estará presente na primeira xornada ‘A diversidade no emprego’ que organiza o Concello de Ames 12 mayo 2026
- Mónica Otero reclama “as mesmas oportunidades que as demais persoas” na gala dos Premios Down Compostela 21 marzo 2026
