A Deputación de A Coruña financiou a rehabilitación do SEPAP da Fundación Down Compostela cunha achega de 10.450 euros.

Breve descrición da actuación:

A finalidade da Fundación Down Compostela é proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais os recursos axeitados que permitan a súa participación da maneira máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante o fortalecemento dos recursos persoais e a promoción da súa autonomía persoal, a incorporación efectiva ó emprego ordinario, e calquera aprendizaxe que favoreza o desenvolvemento dunha vida autónoma  e independente.

Para acadar isto realizaranse diferentes actuacións en función da idade e/ou das necesidades individuais de cada persoa, gran parte delas desenvólvense na Sede da Fundación.

Con esta achega levouse a cabo o pintado do interior do edificio da sede da Fundación Down Compostela así coma a mellora e reparación doutras zonas deterioradas para garantir a calidade desta atención ás persoas usuarias e as súas familias, evitar riscos de accidentes e para a saúde dos socios e dos profesionais así coma manter as instalacións en bo estado.

Este ano concretáronse os traballos de rehabilitación nas seguintes actuacións para a recuperación dos niveis iniciais de confortabilidade e seguridade do edificio:

· Pintura do interior do edificio.

· Colocación de esquinales para favorecer a conservación.

· Reparacións varias: tapaxuntas, re colocación de rodapés, remate fronte escenario.

· Limpeza, apertura, selado de xuntas e anclaxe das pedras das fachadas 3 e fachada rampla.

Obxectivo xeral da actuación: Garantir a seguridade e a calidade da atención ás persoas usuarias ofrecéndolles unhas instalación seguras e confortables, rehabilitando os desperfectos e o deterioro da sede da Entidade.