Os programas de formación da Fundación Down Compostela contan este ano coa colaboración da Deputación da Coruña para a adquisición de diverso material, como sillas para as aulas e equipos informáticos, entre outro.

O organismo provincial aprovou unha achega de 2.494,35 euros para financiar parte do programación de Equipamento Integral que presentou a Fundación, cos que Down Compostela poderá adquirir, ademáis do material xa mencionado, teclados adaptados, altavoces e visualizadores de imaxes para utilizar coa pizarra dixital coa que xa conta a Fundación.

Este programa tamén contou cunha achega da Fundación ONCE, que aportou 2.000 euros a este programa.