A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, vén de outorgar unha axuda de 1.794 euros para o desenvolvemento do programa da Fundación Down Compostela ‘¿QUERES COLABORAR? ¡Nós tamén!’.
Os obxectivos deste proxecto son, por unha banda, fomentar e incorporar a participación de voluntarios nos programas educativos e de ocio e tempo libre da Fundación Down Compostela coa fin de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. Por outra, formar a persoas voluntarias para a participación activa dentro dos programas que desenvolve a entidade, dotalas de destrezas e habilidades, potenciar as súas capacidades e fidelizalas como voluntarias.
Dende o seu nacemento como Fundación no 2006 e xa nun primeiro momento como Asociación no 1997, Down Compostela contou sempre coa colaboración de persoal voluntario, grazas aos que se poden manter en funcionamento actividades e programas. É por elo que, para Down Compostela, a participación voluntaria ten unha importancia fundamental, sendo conscientes de que as persoas que se acercan á Fundación fano por moi diferentes motivos: profesionais, persoais, de formación… pero sempre porque teñen especial interese en coñecer ás persoas con discapacidade intelectual en xeral e con Síndrome de Down en particular. Para a entidade este aspecto é especialmente importante posto que a intención é dar a coñecer a realidade das persoas para as que traballa.
Down Compostela ten establecidos unha serie de programas (ocio, formación, autonomía… ) que para levalos a cabo é imprescindible contar coa participación das persoas voluntarias, xa que doutro xeito non sería posible a súa consecución.
![]() |
