A FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA organiza o II Congreo Galega Síndrome de Down, que baixo o lema DEPENDENCIA-INDEPENDENCIA, reunirá en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de novembro de 2008 a recoñecidos profesionais e investigadores de ámbito nacional e internacional, a familiares e a persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades para analizar a realidade actual da Síndrome de Down e cales son as perspectivas de futuro e as metas que queren alcanzar as propias persoas con Trisomía 21. Unha parte do congreso tratará sobre a Lei 39/2006, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, o que esperan dela as persoas con Síndrome de Down e en que medida lles axudará a ser persoas plenamente independentes.
![]() |
|
Mozos con discapacidade, debatendo no I Congreso Galego Síndrome de Down que organizou Down Compostela |
A FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA organiza este congreso coa finalidade de actualizar a información e a formación de todos os colectivos implicados na promoción das persoas con discapacidad para que alcancen as maiores cotas de autonomía e independencia, diminuíndo así as súas necesidades de apoio. No congreso abordaranse todas as áreas de intervención que, abarcando a traxectoria vital da persoa, desde o nacemento á idade adulta, van contribuír a promover a súa independencia, a súa educación, a súa formación e as súas competencias sociais e laborais.
O II Congreso Galego Síndrome de Down celebrarase no salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, do xoves 20 ao domingo 23 de novembro de 2008, dirixido a profesionais, estudantes, familiares e ás propias persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades.
Recoñecidos profesionais e investigadores de talla nacional e internacional, e cualificados profesionais que traballan directamente coas persoas que teñen síndrome de Down (tanto no campo educativo como sanitario, laboral ou da vida independente), mostrarán os últimos avances conseguidos en diferentes disciplinas. Isto axudaranos a coñecer os métodos utilizados no día a día para mellorar a calidade de vida destas persoas.
Un papel destacado no congreso terano as propias persoas con síndrome de Down, que cada día cobran un maior protagonismo na vida diaria, e que aportarán as súas propias experiencias, as dificultades que tiveron que superar e como afrontar o futuro máis inmediato.
Durante a celebración do congreso abordarase tamén o uso das nueas tecnoloxías na intervención educativa e a formación (material educativo en soporte informático, recursos educativos da rede, optimización da aprendizaxe a través das NNTT), conscientes da importancia e beneficios que as novas tecnoloxías supoñen para a aprendizaxe e a formación das persoas con discapacidad intelectual.
Este II CONGRESO GALEGO DE SÍNDROME DE DOWN: DEPENCIA-INDEPENDENCIA, está dirixido a familiares das persoas con discapacidad psíquica, aos estudantes de Ciencias da Educación, Psicología, Logopedia, Traballo Social, Medicina, Animación socio-cultural, Monitores de Lecer e Tempo Libre…, e a todos os profesionais en activo que traballen con persoas con discapacidad intelectual e/ou que estean interesados na aplicación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e nas implicaciones que ten para as persoas con discapacidad psíquica en xeral e con Síndrome de Down en particular.
RECOÑECEMENTO ACADÉMICO
![]() |
O congreso terá unha duración de 30 horas lectivas e foi recoñecido pola Universidade de Santiago CUN CRÉDITO de libre configuración para os alumnos de todas as titulaciones da USC que acudan ao mesmo.
A organización tamén conseguiu que a Universidade de Vigo e máis a Univesidade da Coruña o recoñecemento académico do congreso para os alumnos matriculados nestas dúas universidades.
![]() |
Para iso, a Fundación Down Compostela xa asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, que concedeu DOUS CRÉDITOS de libre configuración aos alumnos que acudan ao congreso.
![]() |
Tamén a Universidade da Coruña concederá UN CRÉDITO de libre configuración aos alumnos desta matriculados nesta universidade que acudan ao congreso.
PROGRAMA
O programa provisional do II Congreso Galego Síndrome de Down é o que figura a continuación:
Xoves 20: MARCO LEGAL
09:00-09:30.- Acreditacións e entrega de material.
09:30-11:00.- Conferencia Inaugural. ‘Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e Síndrome de Down.’
Ponente: Antonio Jiménez Lara. Sociólogo e Consultor. Colabora co Imserso, co Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacida (CERMI), co Real Padroado sobre Discapacidade, coa Fundación ONCE, coa Federación Española de Institucións de Síndrome de Down (Down España) e co Instituto de Integración na Comunidade da Universidade de Salamanca.
11:00-11:30.- Pausa-café
11:30-12:30.- Inauguración oficial
12:30-14:00.- Sistema Galego de Benestar e Síndrome de Down.
Ponente: María Jesús Lago, Secretaria Xeral de Benestar da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
16:00-17:30.- ‘Da dependencia á promoción da autonomía persoal e á inclusión’
Ponente: Carmen García Pastor. Catedrática da Universidade de Sevilla na área de Didáctica e Organización Escolar.
17:30-18:00.- Pausa-café
18:00-20:00.- Mesa Redonda. Debate aberto: ‘Da teoría á realidade’.
Coordina: Mery Muñoz Cadavid (USC)
Ponentes:
* Antonio Jiménez Lara
* Carmen García Pastor
* Modesto Rouco Vilar. Subdirector Xeral de Discapacidade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
* María Ferreiro. Xerente da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia).
Vienres 21, mañá: TODA UNHA VIDA
09:00- 10:30.- Vida independente e inclusión social.
Ponente: Josep Ruf. Coordinador do Servizo de apoio á vida independente ‘Voume a casa’ da Fundació Catalá Síndrome de Down. Profesor de Educación Social da Universidade de Barcelona.
10:30-12:00.- O papel da familia na promoción da independencia.
Ponente: Mercés Alonso, psicóloga da Asociación Down Ferrol.
Experiencia familiar: Concepción Lage Menéndez, nai con dúas fillas con Síndrome de Down.
12:00-12:30.- Pausa-café
12:30-14:00- ‘Desenvolvemento positivo da sexualidade das persoas con Síndrome de Down. Apoios necesarios para a súa construción sexual’.
Ponente: Debora Baz Rodríguez. Educadora sexual. Membro do Gabinete de Formación Sexual Louise Bougeois (Vigo).
Vienres 21, tarde: PARA A INCLUSION
16:00-17:00.- ‘Atención Temperá. Modelo de coordinación das áreas psicolóxicas e de fisioterapia’.
Ponente: José Antonio Cabaleiro. Coordinador do Departamento de Atención Temperá da Asociación Down Granada.
17:00-18:00.- Inclusión educativa: Análise da situación da Educación Especial nos centros ordinarios. Estamos avanzando cara á inclusión?
Ponente: Teresa Núñez Mayán. Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
18:00- 18:30.- Pausa-café.
18:30- 20:00.- Infancia e colexio. Mesa redonda: ‘Experiencias de integración en Primaria e Secundaria’.
Coordina: Elena Diéguez (Cefore-Santiago)
Relatores:
- CEIP Pérez Viondi – A Estrada.
- Susana Álvarez Martínez. Coordinadora do Departamento de Apoio escolar da Asociación Down Granada
- Carmen Vaz Dadpía. Orientadora no CEP Neira Vilas de Gondomar. Presenta a experiencia desenvolvida no CEIP Sobrada de Tomiño
Sábado 22, mañá: RECURSOS EDUCATIVOS E INCLUSIÓN
9:00- 10:30.- Criterios didácticos de calidade para o deseño de materiale de boas prácticas.
Ponente: Carmen Fernández Morante. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
10:30-12:00.- Material educativo en soporte informático. ‘Gústame ler’.
Ponente: Susana Álvarez Martínez. Coordinadora do Departamento de Apoio escolar da Asociación Down Granada e membro do Grupo Epsido da Universidade de Granada.
12:00-12:30.- Pausa-café
12:30-14:00.- Unidade didáctica e Web Quest
Ponente: Eloisa Teixeira. Cefore Vigo
Sábado 22, tarde: NA INDEPENDENCIA
16:00- 17:00.- Proxecto Aura. Presentación de ‘Unha imaxe mellor que mil palabras’. Ferramenta multimedia para a prepración laboral.
Ponente: Carmen Lloréns. Pedagoga. Coordinadora de Programas do Proxecto Aura.
17:00- 18:00.- Inserción laboral en empresa ordinaria e administración pública
‘Emprego público para persoas con discapacidade intelectual. Experiencias prácticas’
Ponente: María Mercés Martín Sáez. Coordinadora do Departamento de Formación e Inserción Laboral de Down Granada.
‘Inserción laboral na empresa privada. Experiencias prácticas’
Ponente: Branca Taboada. Responsable do Servizo de Emprego con Apoio da Asociación Down Compostela.
18:00- 18:30.- Pausa-café
18:30-20:00.-Transferencia de coñecemento. O reto da atención integral no século XXI.
Ponente: Luís Salvador Carulla. Psiquiatra. Profesor titular de Psiquiatría da Universidade de Cádiz
Domingo 23, mañá: ASÍ SOMOS
09:00-10:30.- Envejecimiento nas persoas con síndrome de Down.
Ponente: Francisco Mañós Balanzó. Profesor da Universidade Ramón Llull.
10:30-11:00.- Pausa-café
11:00-13.30.- Somos un máis: coloquio de @mozo con discapacidade.
Ponentes: cinco mozos con discapacidade.
- Laura Müller Soa. Moza con Síndrome de Down. Ordenanza, funcionaria do Concello de Granada.
- Marta Fernández Lage. Moza con Síndrome de Down. Axudante de cociña en McDonalds. Ferrol.
- Jaime Vázquez Carneiro. Mozo con Síndrome de Down. Repoñedor de combustible. LIMCO. A Coruña.
- Mónica María Pastoriza Blanco. Moza con Síndrome de Down. Traballa en Pizza Móvil. A Coruña.
- Alberto Corujo Quinteiro. Mozo con discapacidade intelectual. Encadernador na Imprenta Gráfica de Asturias. Santiago de Compostela.
- Francisco García Rancaño. Mozo con Síndrome de Down. Repoñedor en Gadis. Lugo. .
13.30-14.00.- Acto de Clausura.
INSCRICIÓN
As persoas interesadas en asistir ao II Congreso Galego Síndrome de Down DEPENDENCIA-INDEPENDENCIA deberán formalizar a súa inscripción antes do martes 18 de novembro, ás 14.00 horas. O número de prazas é limitado, polo que a matrícula pecharase ao cubrir o aforo.
Unha vez cuberto o boletín de inscripción que se pode descargar nesta mesma páxina, deberá enviarse á Fundación Down Compostela por e-mail, correo ordinario ou fax (981 534 545) con copia do justificante de pago.
COTA DE INSCRIPCIÓN
- 100,00 euros: Profesionais e público en xeral
- 40,00 euros: Estudantes, parados, familiares de persoas con Síndrome de Down, e profesionais de asociacións de Síndrome de Down.
- A matrícula para as persoas con Síndrome de Down é gratuita.
Os estudantes deberán acreditarlo enviando por fax ou e-mail, xunto co justificante de pagamento, copia do xustificante da matrícula na Universidade.
Os parados deberán remitir copia da tarxeta de paro.
Os familiares de persoas con Síndrome de Down e profesionais de entidades Down deberán acreditarlo con certificado expedido pola asociación en cuestión.
FORMA DE PAGO
O pago da matrícula farase únicamente mediante transferencia bancaria a unha das contas abertas pola Fundación Down Compostela nas seguintes entidades:
- Caixa Galicia: 2091 0300 46 3040146706
- Caixa Madrid: 2038 4007 64 6000137762
- Caixanova: 2080 0355 77 0040041525
- La Caixa: 2100 4876 07 2200037221
Descarga aquí o boletín de inscrición. Unha vez cuberto pódesnolo remitir, xunto co justificante de pagamento
- por correo electrónico a: fundacion@downcompostela.org
- por fax ao 981 534 545
- por correo ordinario a: r/ Alejandro Novo González, 1 – 15706 Santiago
Tamén podes utilizar o formulario de contacto desta mesma páxina
ENTIDADES COLABORADORAS
Para organizar o II Congreso Gallego Síndrome de Down Dependencia-Independencia, a Fundación Down Compostela conta co patrocinio da Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar da Xunta de Galicia.
![]() |
A Fundación Down Compostela tamén conta coa colaboración de Caixanova, da Consellería de Educación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística para organizar este congreso.





