Durante case cinco horas, a actividade lúdico deportiva coordinada por Fernando Vidán co obxectivo de recadar fondos para a Fundación Down Compostela contou coa desinteresada colaboración de centos de composteláns que se achegaron ata Área Central para participaren no I Maratón Benéfico Ciclo Indoor Área Central. As trinta bicicletas estáticas cedidas polo Multiusos Fontes do Sar estiveron ocupadas durante as nove etapas de trinta minutos nas que se desenvolveu este maratón

Dous monitores estiveron marcando de 16:30 a 21:00 horas o ritmo aos participantes en cada unha das etapas, que concluíron co sorteo de obsequios das casas colaboradoras: MP3, equipacións deportivas, etc.

Entre as entidades colaboradoras nesta acción solidaria están o Centro Comercial Área Central, o Multiusos Fontes do Sar, a Cruz Vermella de Santiago de Compostela, a marca de bebidas enerxéticas SHARK, Blu:Sens e a axencia de eventos ECO.

A Fundación Down Compostela destinará a cantidade recadada con este maratón benéfico a financiar o programa de actividades que ten en marcha no seu centro de servizos de Conxo.

Máis información en El Correo Gallego e La Voz de Galicia