A moza Cristina Abalo foi a copresentadora da gala de entrega dos XI Premios Down Compostela e a encargada de ler o Manifesto institucional con motivo da celebración do Día Mundial da Sindrome de Down.
A continuación reproducimos o manifesto íntegro, que foi redactado por persoas con síndrome de Down.
Mañá é 21 de marzo
e conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down.
E por iso, queremos dicir a todo o mundo
ben alto e ben claro:
Que queremos falar da nosa vida:
Moita xente di que non podemos facer as cousas por nós mesmas.
Pero só é un cromosoma máis no par 21.
Gustaríanos vivir en parella e facer plans con ela.
Ou tamén vivir soas, sen parella.
Temos dereito a ser máis independentes e a decidir sobre o noso futuro.
Tamén nos gustaría ir a discotecas cos nosos amigos e amigas,
pero moitas veces é complicado acceder ao ocio.
Son as nosas caras.
Din que somos todas iguais, pero non.
O mundo non é accesible para nós.
A xente trátanos coma se fósemos pequenas,
pero somos persoas adultas.
Somos responsables.
Podemos ir no autobús aos sitios,
pero moitas persoas non o entenden.
Ás veces non se fían de nós por ser diferentes ao resto
ou non teñen en conta a nosa opinión.
Non nos gusta que nos traten mal por ter Síndrome de Down.
Temos os mesmos dereitos,
pero non as mesmas oportunidades.
Queremos que as persoas que se dedican á política falen sobre isto:
Existimos.
Hai discapacidade intelectual e Síndrome de Down.
Que fagan medidas para que poidamos acceder á educación, ao emprego
e a ter unha vida mellor.
E vixiar que se cumpran.
MOITAS GRAZAS.