El presidente de Down Compostela, Juan Martínez, reclamó en su discurso una mayor implicación de la Administración para que las personas con Síndrome de Down puedan demostrar todo lo que son capaces de hacer. En su discurso durante la inauguración de la nueva sede social, Juan Martínez hizo un repaso a los diez años de historia de la Asociación Down Compostela, ‘diez años de compromiso con las personsa con trisomía 21’ y recordó que la Fundación Down Compostela nació con la voluntad de aunar esfuerzos para que las personas con Síndrome de Down tengan un futuro mejor.

A continuación se reproduce el discurso íntegro del presidente de Down Compostela.

‘Sr. Presidente da Xunta, Sra. Presidenta do Parlamento, Sr. Alcalde de Santiago, Sr. Vicepresidente da Xunta, Sra. Conselleira de Sanidade, Sr. Presidente da Deputación da Coruña, Estimados patrocinadore, amigas e amigos todos. Benvidos a nova casa de Down Compostela, que agardamos sintan como súa a partir de ahora.
Nós estamos hoxe aquí porque Margarita, Elías, Marta, Daniel, Irene, Vanesa, Alberto, e así ata setenta e oito nenas e nenos, mozas e mozos, mulleres e homes con síndrome de Down nos animaron a emprender esta aventura que se chama Down Compostela.
Hai dez anos por estas datas, as dez familias que entón formábamos a Asociación estabamos reunidos no bar Eirado, de Xeneral Pardiñas, decidindo que facer coas 700.000 pesetas que Sofía Cebro e Julio Castro nos entregaron despois de organizar unha exposición de encaixes de Camariñas no Hostal dos Reis Católicos. Alí decidimos firmar unha hipoteca de 16 millóns de pesetas para comprar a que foi a nosa casa ata hoxe. Un local en Fontiñas de 150 metros cadrados que quedou pequeno hai tempo. Por eso en 2002 empezamos a traballar no proxecto que hoxe están coñecendo.
Alí, no bar Eirado, elexironme presidente xa en 1997, e aquí sigo. Orgulloso de representar hoxe as 78 familias que formamos Down Compostela e de ser o presidente dunha xunta directiva que traballou arreo e na que hai xente capaz de representar mellor ca min tanto a Asociación como a Fundación Down Compostela.
Nestes dez anos foron moitos os logros, o que conseguimos, porque na nosa xa gran familia gústanos sumar esforzos. Todo este traballo foi posible grazas o tesón das familias, que aportan unha parte moi importante do presuposto e das ilusións da Asociación. Foi posible grazas a calidade dos nosos profesionais, que superan todas as incomodidades cun soriso. A todos os voluntarios e alumnos da Universidade que traballaron con nós. Grazas a Marta Rodríguez, que no ano 2000 creeu neste proxecto, e deixou ou seu gabinete privado para converterse na nosa directora de programas. Grazas tamén ós empresarios que creron nas persoas con Síndrome de Down e decidiron contratalas.
En Down Compostela gustanos sumar e non restar, xuntar vontades, para facer realidade proxectos coma este. Esta casa levantouse grazas a que administracións como o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, primeiro, e, despois, a Vicepresidencia da Xunta creeron na súa viabilidade. Esta casa é hoxe unha realidade porque entidades como Ferrovial, Caixa Galicia, Caixa Madrid, La Caixa, Fundación ONCE, Fundación Seur, Publiespaña, Grupo Lar, Grupo Correo Callego ou Cadena Ser, entre outros, nos votaron unha man.
Sin a súa colaboración non o houbésemos conseguido, porque a inversión supera o millón e medio de euros. Contamos con axudas, pero aínda así Down Compostela está asumindo máis dun trinta por cento do coste do proxecto.
Decíalles antes que nos gusta sumar esforzos, que os nosos fillos se impliquen na sociedade na que viven, e que a sociedade os coñeza de preto. Por iso, o ano pasado a Asociación, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago creamos a Fundación Down Compostela. Porque todos xuntos chegaremos máis lonxe e lograremos que as persoas con Síndrome de Down poidan demostrar todo o que son capaces de facer.
Nesta casa traballaremos a partir de ahora sempre cas portas abertas. Aquí seguiremos poñendo en marcha os programas de Atención Temperá, porque os servizos públicos non funcionan como deberían. Aquí seguiremos prestando apoio as familias, facendo programas de logopedia, de apoio a integración escolar, de novas tecnoloxías, de reforzo cognitivo, de formación, de transición á vida adulta, de ocio e tempo libre, de habilidades sociais, e de emprego. E nesta nova casa empezaremos o programa de Vida Independente, porque as persoas con Síndrome de Down teñen o mesmo dereito ca nós a tomar as súas propias decisións.
Aquí seguiremos traballando porque eles, os nosos fillos e fillas, teñan as mesmas oportunidades ca nós. E dende aquí seguiremos reclamándolle á Administración as melloras pendentes. Reivindicacións que seguiremos canalizando a través da Federación Down Galicia e da Federación Down España, nas que nos sentimos plenamente representados.
Xa para rematar, permítanme só dúas palabras de agradecemento a miña familia, a miña muller e ós meus fillos, por apoiarme e saber agardar nas miñas ausencias pola adicación a esta causa.
Queridas autoridades, queridos patrocinadores, queridas amigas e amigos. As persoas con Síndrome de Down son capaces. Aquí temos unha proba. Eles só nos piden a oportunidade de poder demostralo. Nós, na Asociación e na Fundación Down Compostela, seguiremoslle dando esa oportunidade. Fagan vostedes o mesmo.
Moitas grazas.’