Hoxe é un día para reivindicar os dereitos das Persoas con Síndrome de Down e tamén para agradecer a quenes esta noite iluminan os principais monumentos de Galicia coas cores azul e amarela, as nosas cores corporativas. É un día para agradecer o apoio de quen nos axudou a chegar ata a aquí. A Down Compostela, pero, sobre todo, ás personas con SD e discapacidad intelectual.

Persoas como Sofía e os traballadores do Concello de Rianxo. Persoas como Julio Rodríguez e todos os membros do cadro de persoal de Leroy Merlín. Ou persoas como José Antonio Rey e os directivos do Aeroclube de Santiago. Que decidieron, nun momento dado, darlle unha oportunidade as persoas con Síndrome De Down e discapacidade intelectual. A todos eles, moites grazas.

E un día para reivindicar que non nos podemos quedar quietos e hai que seguir avanzando. Aproveitar todo o que conseguimos nos últimos anos coa inclusión educativa, cunha lei de integración que agora vemos perigrar coa nova LOMCE, a pesares dos esforzos da Consellería de Educación para mitigar as súas consecuencias negativas para as persoas con Síndrome de Down.

A semana pasada, no IV Congreso Iberoamericano de Síndrome de Down ao que asistimos en Salamanca varios representantes de Down Compostela, puidemos escoitar como Ester Nadal, una moza de Lleida, aseguraba que “con algúns apoios os mozos con trisomía 21 podemos ter una vida independenente como calqueira persoa da nosa idade” e pedíanos aos páis que os deixemos tomar as súas propias decisións.

Tamén en Salamanca José Borrel, que está escribindo o seu terceiro libro, pedianos a todos que saibamos respetar os ritmos e os gustos de cada persoa, sexan lentos ou rápidos estes ritmos.

Blanca San Segundo, que traballa nunha escola infantil inclusiva valenciana mentres estuda o Grado de Terapia Ocupacional na Universidade pedíalles aos políticos que se preocupen polas cousas que “verdadeiramente importan as persoas con Síndrome de Down e que falen do que está a pasar e non debería ocorrer”. Facía mención a incorporación ao mercado laboral, a erradicar a violencia de xénero en discapacidade e tamén aos problemas que teñen as persoas con discapacidade intelectual para poder exercer os seus dereitos xurídicos. Neste senso, Almudena Castro-Girona, membro do padroado da Fundación Aequitas e do Consello Nacional do Notariado reclamaba a necesidade de erradicar as incapacitacións xudiciais por sistema para outorgarlle as persoas con discapacidade intelectual os apoios necesarios para que poidan exercer tamén os seus dereitos xurídicos e tomar as súas propias decisións.

E neste repaso non me quero esquecer de Pamela Casagrande, unha moza arxentina que leva xa 11 anos formando parte da familia de Down Compostela e que recordaba en Salamanca a importancia de ter un traballo. Leva anos formando parte da plantilla de Limpiezas Salgado e, dende este mes, está realizado prácticas na Xunta de Galicia, ao igual que Elías e Carlota.

Unha iniciativa que, dende Down Compostela, queremos agradecer especialmente ao presidente Feijóo. Levamos anos reclamando que, ao igual que fan moitos empresarios, as administracións públicas permitan as persoas con Síndrome de Down e discapacidad intelectual acceder á función pública. O concello de Rianxo é un bo exemplo. A Deputación de Pontevedra leva xa duas convocatorias de oposición específicas, igual que o Ministerio de Administraciósn Públicas. Agora, a Xunta de Galicia convocou, por oposición, 6 prazas para persoas con discapacidade intelectual este ano, e 35 máis para o ano que ven (das cales 17 corresponden o Servicio Galego de Saúde). Algo que merece os nosos parabéns.

A todo isto súmase a colaboración que vimos mantendo co Complexo Hospitalario de Santiago, en concreto co servicio de Pediatría, co que estamos levando a cabo estudos de investigación para ver as posibilidades de mellorar a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down.

Para nós, este é o camiño axeitado. A colaboración entre as administracións públicas, as empresas privadas e as organización do terceiro sector vai, sen dúbida, mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e permitir que se faga realidade que poidan “tomar as súas propias decisión”, como veñen reclamando dende fai tempo.

Onte, en Lugo, puidemos ver as dotes artísticas das persoas con Síndrome de Down. Hoxe acabamos de ver o que pode facer o Grupo de Teatro Down Compostela. So me queda invitarlles a ver a obra enteira ‘Búscame a ese tipo’ o vindeiro mes de xuño no Salón Teatro. Avísaremolos do día. E, agora que os detectives xa teñen clientes e van cobrar un bo xornal, estou seguro de que nos invitarán a uns viños ao rematar a gala.

Boas noites a todos. Moitas grazas por acompañarnos.