Doce mozos e mozas da FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA, con Síndrome de Down ou discapacidades intelectual, están a mellorar a súa formación prelaboral e a capacitación profesional no sector da hostelería cunha achega de 17.767,33 euros aportados pola Consellería de Política Sociale o Fondo Social Europeo.

Breve descrición do proxecto

A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para mellorar as competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 12 participantes pertencentes a diferentes concellos da área de Santiago de Compostela.

Obxectivo xeral do proxecto

Garantir ás persoas participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo a través da capacitación profesional no perfil profesional da Hostalería.