
A Fundación DOWN COMPOSTELA mellorou o equipamento do Servizo e Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) adquirindo unha fotocopiadora multifunción cunha achega da Deputación da Coruña de 4.343 euros.
Breve descrición da actuación
A finalidade da Fundación DOWN COMPOSTELA é proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais os recursos axeitados que permitan a súa participación da maneira máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante o fortalecemento dos recursos persoais e a promoción da súa autonomía persoal, a incorporación efectiva ó emprego ordinario, e calquera aprendizaxe que favoreza o desenvolvemento dunha vida autónoma e independente.
No SEPAP (Servizo de Promoción da Autonomía Persoal) DOWN COMPOSTELA, contamos cun espazo físico habilitado para a implementación dos programas de atención directa coas persoas benenficiarias e coas súas familias, e cos espazos de oficina necesarios para o traballo técnico do equipo de profesionais. Debido ao tempo e ao uso das instalacións, fóronse deteriorando algúns dos diferentes espazos que conforman o edificio, así como a maquinaria utilizada para o traballo administrativo e para a elaboración do material necesario para a implementación das sesión. Debido ás características dos nosos usuarios/as é imprescindible elaborar materiais adaptados a cada persoa ou grupo de traballo, e polo tanto as novas tecnoloxías facilitan moito que a intervención sexa de maior calidade xa que o persoal de intervención pode adpatar/modificiar/elaborar en función das necesidades da persoa o material que precisa. O destino desta achega concedida pola Deputación de A Coruña é a renovación da fotocopiadora multifunción.
Obxectivo xeral da actuación:
Mellorar o equipamento do SEPAP coa finalidade de dispoñer dos medios tecnolóxicos e materiais adaptados ás necesidades das persoas beneficiarias dos programas que se desenvolven na sede da Fundación Down Compostela.
