O Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña, e o Presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre ambas entidades, que facilitará ás persoas con Síndrome de Down participen activdamente en todas as actividades que organice a Fundación Compostela Deporte.
Andrés Fariña afirmou que este convenio se enmarca: ?Dentro dunha das finalidades fundamentais da Fundación: garantir a promoción do deporte para todas as personas de Santiago e a súa comarca. É unha iniciativa dirixida a un colectivo máis da nosa cidade, neste caso o da Fundación Down Compostela?.
Fariña engadiu que: ?É un paso máis dentro da preocupación da Concellería de Deportes e da Fundación. Xa temos feito máis actuacións con Down Compostela e desde a Concellería temos en marcha un convenio de programación deportiva adaptada. Polo tanto é unir máis lazos na procura de que todos os membros da Fundación Down Compostela poidan tamén ter máis facilidades, se cabe, neste dereito de prácticar deporte. Estamos encantados de cada vez estar máis en contacto con vos e poder coñecer de primeira man cales son as vosas preocupacións?, destacou.
Pola súa banda, o Presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, subliñou que a firma deste convenio supón: ?Unha oportunidade máis para que as persoas con síndrome de Down poidan participar nas actividades ordinarias que organizan as administracións e os diferentes colectivos, neste caso centradas no tema do deporte. E que podan seguir perfectamente integrados dentro da sociedade na que vivimos. Esta é a nosa filosofía desde que nos constituímos hai dez anos, permitir ás persoas con discapacidade participar en todas as actividades da vida ordinaria, e o deporte é unha máis?, comentou Martínez.
