A Fundación Down Compostela contrata a través dos Programas de Cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (orde do 10 de xullo, DOG Num.139)  a 4 profesionais para a prestación de servizos no seu SEPAP, garzas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 88.335 euros.
Estes profesionais desenvolverán as súas funcións no marco do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) da Entidade en concreto vinculados ós proxectos de:
  • Formación e Inclusión Sociolaboral.
  • Autonomía e  independencia
  • Emprego con Apoio e Habilidades Adaptativas.
  • Ocio
O obxectivo xeral da actuación e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais a través da provisión dos apoios que cada unha delas precisen.
De xeito máis concreto o obxectivo que persegue cada un dos proxectos anteriormente relacionados son:
  1. Formación e Inclusión Sociolaboral: brindar os apoios que cada usuario/a necesita para favorecer a autodeterminación, non discriminación e igualdade de oportunidades, inclusión social e laboral e a participación social activa.
  2. Autonomía e  independencia: Conseguir que os/as usuarios/as participantes adquiran as habilidades de autonomía correspondentes a cada unha das áreas vitais (persoal, social, urbana, doméstica, etc.), de xeito que diminúan os apoios recibidos e se convertan en individuos activos socialmente e o máis autónomos posible, así como favorecer a implicación das súas familias nesta consecución de independencia.
  3. Emprego con Apoio e Habilidades Adaptativas: acadar o maior número de insercións socio-laborais e conquerir que as persoas acaden as maiores cotas posibles en autonomía, calidade de vida, integración na sociedade e desenvolvemento persoal co fin de proporcionar unha atención integral ás persoas coas que e para as que traballamos.
  4. Ocio: Facilitar a toma de conciencia da vivencia persoal do ocio e o desenvolvemento de habilidades e destrezas para poder realizar actividades elexidas libremente en función das súas preferencias e aficións.