A Fundación Down Compostela vén de asinar un convenio de colaboración co Concello de Santiago para o desenvolvemento do proxecto Esto é vida!. O Concello concedeulle a Fundación unha a axuda de 15.000 euros para fomentar a vida independente das persoas con síndrome de Down.

Breve descrición:

Este proxecto supón a continuación en 2025 do Proxecto de Vida Independente “Isto é vida” presentado o ano pasado, en 2024. A través das actividades desenvolvidas, catro persoas convivirán na vivenda ao longo de 2025, co apoio de persoal técnico da entidade (Fundación Down Compostela), facendo realidade a súa primeira experiencia de Vida Independente. O proxecto estrutúrase nas seguintes fases/actuacións:

1. Elección de novas persoas participantes.

2. Sesións de previvenda: formación en vida autónoma e independente.

3. Fase de convivencia: prestación de apoios para a vida independente.

4. Avaliación e mellora.  

5. Actuacións transversais de información ás familias (durante todo o proxecto).

Obxectivo Xeral

Facilitar ás persoas participantes unha vivenda e as estratexias necesarias para poder levar a cabo unha experiencia de vida independente con apoio, fomentando a autodeterminación, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento pleno do rol de persoa adulta.

En definitiva, búscase mellorar a calidade de vida das persoas participantes, capacitándoas para unha vida autónoma e activa, plenamente incluída na sociedade.