![]() |
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concepción Fernández Fernández, e o presidente de DOWN COMPOSTELA, Juan Martínez, asinaron un convenio de colaboración gracias ao cal o Concello de Santiago financia con 10.000 euros o Proxecto de Vida Independente: Esto é Vida da FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA.
Este proxecto naceu co obxectivo de servir como unha primeira experiencia de Vida Independente para adultos con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual. Para iso, Down Compostela dispón dunha vivenda destinada a poñer en práctica todas as habilidades de vida diaria necesarias para ter unha vida autónoma e independente, realizando nela as seguintes actividades: compras, tarefas de cociña, limpeza, lavado da roupa, xestión dos cartos, hixiene persoal, responsabilidades na xestión do fogar, desprazamentos autónomos.
Os benficiarios deste proxecto – 23 persoas en total – conviven e xestionan o fogar, en turnos de estanzas temporais, recibindo por parte dos profesionais da entidade os apoios individualizados e necesarios para a optimización da adquisición das habilidades e competencias.
Os usuarios asisten de luns a xoves á vivenda compaxinando esta actividade con outras actividades formativas ou vitais, como por exemplo a asistencia ao seu traballo.
O proxecto ‘Esto é Vida’ está deseñado para capacitar ás personas con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual para vivir na súa propia casa, planificar o seu futuro e realizar os seus proxectos de vida, para que poidan decidir onde e con quen queren vivir, é dicir, xestionar a súa propia vida.
![]() |


