A Fundación Down Compostela participa na iniciativa promovida pola Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Trátase dun proxecto financiado cunha achega de 59.900,88 pola Consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
A partir da valoración individual de cada persoa coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para afrontar unha oposición coas maiores garantías de éxito posible. O proxecto destinará o 100% das prazas ó tramo de idade comprendido entre os 21 e os 35 anos promovendo que máis do 45% das prazas sexan destinadas a mulleres con discapacidade.
O obxectivo xeral do proxecto é garantir a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición autonómica e/ou estatal que mellore as posibilidades de adaptación persoal ó proceso selectivo, así coma da súa superación con éxito.