A Fundación ‘la Caixa’ colabora coa Asociación Down Compostela no seu programa de Emprego con Apoio, grazas ao cal seis mozos están traballando en empresas ordinarias e concellos da comarca e outros dezaoito están en proceso de formación. A Fundación ‘la Caixa’ aportou á Federación Down Galicia unha axuda económica de 12.500 euros para financiar o programa autonómico de emprego con apoio que promove a Federación e no que participa Down Compostela.
O obxectivo xeral deste programa é facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade psíquica, especialmente das persoas con síndrome de Down, no mercado de traballo ordinario garantindo, para isto, todos os apoios que tanto a persoa como o empleador precisan.
Este proxecto estrutúrase en catro procesos esenciais:
1. Proceso de valoración e orientación para o emprego: a súa misión é orientar e informar aos usuarios sobre o seu perfil profesional e a conveniencia de, no seu caso, modificalo para acceder a ofertas laborais acordes cos seus intereses, coñecementos e capacidades, e con esta fin establecer o seu Plan Personalizado de Inserción.
2. Proceso de intervención coas familias: a finalidade deste proceso é potenciar a colaboración e implicación da familia do usuario en todos os procesos esenciais do servizo de emprego con apoio.
3. Proceso de prospección: a finalidade é concienciar aos empresarios e conseguir ofertas laborais en empresas do mercado laboral ordinario axustadas ao perfil dos usuarios do servizo.
4. Proceso de inclusión socio-laboral: a súa misión é poñer a disposición do usuario un sistema estruturado de apoio e acompañamento que o guíe no proceso de inserción socio-laboral, de xeito que teña éxito na incorporación e mantemento do posto de traballo na empresa ordinaria seleccionada.
Na actualidade están traballando seis usuarios/as do programa de Emprego de Down Compostela, 2 deles con contratos indefinidos e 4 con contratos temporais en empresas ordinarias dacomarca compostelán.
Desde o ano 2008 o Servizo de Emprego con Apoio que desenvolve Down Compostela está certificado segundo a norma ISO-9001:2000.
