Down Compostela inicou hoxe o curso de adquisición e mellorar a competencia dixital para persoas coa Síndrome de Down ou discapacidade intelectual que está financiado pola Consellería de Política Social no marco da Orde do 13 de Xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). 

A achega para este curso ascende a 4.777,30 euros e do mesmo beneficiaranse tres mulleres e cinco homes, que recibirán 196 horas de formación, das que 140 serán prácticas.

  • Contía da achega: 4.777.30 €
  • Breve descrición da actuación: Curso de formación adaptada enmarcado na liña de actuación B) 2º- Atencións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios de exclusión. 2- Prestacións do servizo de formación adaptada da Orde do 13 de xullo de 2018. Segundo contempla o Decreto 61/2016 do 11 de febreiro polo que se define a Carteira de Servizos sociais de inclusión esta actuación executarase no marco do Servizo de formación adaptada (0304) “servizo dirixido ao deseño e á impartición de accións formativas axustadas á persoa baixo parámetros de proximidade, flexibilidade, calidade  e innovación, que ten en conta as dificultades e obstáculos asociados a factores de vulnerabilidade, o que implica entre outros compoñentes desta acción positiva, levar a cabo unha diagnose das especialidades da contorna, unha detección das necesidades e capacidades do alumnado, unha adaptación de contidos, metodoloxías e tempos da acción formativa, e realizar accións de motivación e apoio do exercicio da autonomía persoal”. A proposta formativa “Adquisición e mellora da competencia dixital para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” conta con un total de 196 horas lectivas estruturadas como sigue:
  • Obxectivo xeral da actuación: Adquirir os coñecementos básicos para manexar axeitadamente un ordenador, tablet ou teléfono móbil e saber desenvolverse con  certa soltura en Internet, xerando hábitos axeitados como forma de reducir a vulnerabilidade das persoas destinatarias en risco e/ou situación de exclusión social con baixa cualificación.
  • Resumo de indicadores de execución e resultado: Lograr que a través desta acción de formación adaptada 8  persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual melloren a súa competencia dixital  e as súas posibilidades de empregabilidade.