Proxecto de Vida Independente Esto é Vida de Down Compostela

O presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, vén de asinar coa concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, maría Rozas, o convenio de colaboración polo que o Concello de Santiago mantén unha achega de 10.000 euros para o desenvolvemento do programa de vida independente Esto é Vida, que lle ofrece ás persoas con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual a oportunidade de vivir no seu propio fogar, planificar os eu futuro e realizar os seus proxectos devida.

O programa de Vida Independente da Fundación Down Compostela, despois de varios anos traballando de cara o fomento da autonomía das persoas usuarias da entidade en todos os seus ámbitos, busca implementar estancias na vivenda onde poidan ter o seu espazo, enfrontarse ao día a día ca maior normalidade e autonomía posible, fomentar a autoxestión e por suposto mellorar a súa calidade de vida. 

Tres persoas conviven no piso de Fontiñas cedido á Fundación Down Compostela polo Instituto Galego e Vivenda e Solo. Para facer realidade a súa primeira experiencia de vida independente con apoio as tres persoas usuarias contan conta coa apoio dos profesionais da entidade, un coordinador e dous técnicos de apoio. 

Dende a Fundación Down Compostela pretendemos que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual que participen neste programa sexan donos e donas dos seus obxectivos persoais de xeito coherente cos seus desexos  e  necesidades,  con  apoio  dunha persoa mediadora,  respectando  sempre  os  seus intereses, gustos e ideas; e consolidando o rol de persoa adulta con todos os seus dereitos e deberes.    

Obxectivo Xeral

O obxectivo xeral do programa Esto é Vida é facilitar ás persoas participantes unha vivenda e as estratexias necesarias para poder levar a cabo unha experiencia de vida independente con apoio, fomentando a autodeterminación, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento pleno do rol de persoa adulta.