O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Igualdade, desenvolvemento Económico e Turismo financia o proxecto da FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA “Fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero” que ten como obxectivo xeral fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como previr e loitar contra a violencia de xénero. A contía da achega ascende a 1.874,80 €

O proxecto contou con dúas liñas de actuación:

Por un lado, a elaboración e implantación da Guía para profesionais docentes en materia de promoción da igualdade de xénero. Esta actuación está destinada á creación, por DOWN COMPOSTELA, dun material que sirva de guía a todos os profesionais implicados na docencia e intervención con persoas con discapacidade intelectual, para que inclúan nas súas prácticas a perspectiva de xénero.

Esta guía ademais de utilizarse nas actuacións comprendidas na presente convocatoria, foi e será facilitada a todos os profesionais da entidade para que poidan trasladar a metodoloxía as súas áreas de intervención.

A segunda liña inclúe a “Implementación de obradoiros de promoción da igualdade”. Esta actuación compúxose dun conxunto de 10 obradoiros ós que se adicaron un total de 140 horas. Cada un dos obradoiros estivo divido en dúas sesións de 3 horas e 30 minutos ao mes en cada un dos grupos, con dous grupos en cada un deles.

Cada un dos obradoiros ademáis do seu obxectivo concreto, tiña o obxectivo común de fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención e loita contra a violencia de xénero. As actividades estiveron deseñadas e adaptadas ás necesidades persoais de cada persoa participante.