O Concello de Santiago de Compostela financia este ano á Fundación Down Compostela para desenvolver o proxecto de vida independente “Esto é vida”, unha primeira experiencia de Vida Independente para adultos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual que nunca puideron desfrutar da posibilidade de xestionar a súa vida de maneira plena e autonóma.

Contía da achega: 10.000€

Breve descrición do proxecto: Recurso deseñado para capacitar as persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual para aprender a vivir de forma independente: Vivir na súa propia casa, planificar o seu futuro, realizar os seus proxectos de vida, capacidade de toma de decisións onde e con quen queren vivir nun futuro…  en definitiva, xestionar a súa propia vida.

Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e/u discapacidade intelectual, preparándoas para unha vida autónoma e activa, plenamente integrada na sociedade.