A Fundación Down Compostela desenvolve as actuacións“Itinerarios de Inclusión Sociolaboral”e“Curso de Operacións Básicas de Restaurante e Bar” enmarcadas dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”

“Itinerarios de Inclusión Sociolaboral”

  • Contía da achega: 33.746.40€
  • Breve descrición da actuación: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, deséñase un itinerario personalizado  de inclusión sociolaboral a través do cal se realizan as difrentes accións definidas no mesmo coa fin de mellorar as súas posibilidades de inclusión sociolaboral.

No seguinte esquema amósase dun xeito visual o esquema de funcionamento dos Itinerarios de Inclsuión Social e Laboral que levamos a cabo en Down Compostela.

  • Obxectivo xeral da actuación: Dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais das persoas participantes para a mellora da súa inclusión sociolaboral a través do acompañamento, titorización, orientación, resolución de conflictos,…e todas aquelas accións deseñadas e acordadas nos seus itinerarios persoais.
  • Resumo de indicadores de execución e resultado: Promover a inclusión sociolaboral e dinamizar as capacidades  e recursos persoais e sociais de 40 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a través do deseño, seguemento e da implementación das diferentes actuacións individuais e/ou grupais recollidas nos seus itinerarios de inclusión sociolaboral que respondan ás súas necesidades persoais, sociais e laboráis así como o asesoramento continuo das mesmas (titorización, orientación, resolución de conflictos,…)

 “Curso Operacións Básicas de Restaurante e Bar”

  • Contía da achega: 16.000€
  • Breve descrición da actuación: Curso de capacitación profesional enmarcado dentro da Orde na liña de actuaciónB) 2º-Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social. 2ª-Actuacións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social, incluíndo formación dirixida ao autoemprego e constitución de cooperativas.

A proposta formativa “Operacións Básicas de Restaurante e Bar” conta con un total de 220 horas lectivas estruturadas segundo como sigue:

Nº Módulo

MÓDULOS

Distribución horas

TOTAL HORAS

Teoría

Práctica

MF0257_1

Servizo básico de restaurante-bar.

40

60

100

MF0258_1

Aprovisionamento, bebidas e comidas rápidas.

40

62

102

Módulos transversais

FCOO03 “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero”

10

 

10

FCOXXX05 “Formación para a igualdade”

8

 

8

TOTAL HORAS

98

122

220

 

  • Obxectivo xeral da actuación: Mellorar a empregabilidade do colectivo de persoas con discapacidade intelectual en xeral e Síndrome de Down en particular a través da capacitación nun perfil profesional da familia profesional de Hostalería e Turismo.
  • Resumo de indicadores de execución e resultado: Capacitar a través da formación para o emprego a 15 persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacide intelectual e mellorar a súa empregabilidade a través da capacitación nun perfil da familia profresional de Hostalería e Turismo.