O proxecto que a Fundación Down Compostela ven desenvolvendo ao longo deste ano para aumentar o voluntariado no servizo de promoción da autonomía persoal (SEPAP) acaba de contar cunha achega da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo de Benestar, de 1.900 euros.

Este programa ten como obxectivo xeral fomentar e incorporar a participación de voluntarios no Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (S.E.P.A.P.) da Fundación Down Compostela co fin de mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

A formación e fidelización destes voluntarios e voluntarias contribúe a acadar unha maior integración das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual na súa vida diaria. Xa que a participación dos voluntarios no SEPAP de Down Compsotela  favorece o desenvolvemento e a autonomía persoal, social, laboral… das persoas con discapacidade intelectual.

Como obxectivos específicos, coa participación dos voluntarios no SEPAP a Fundación pretende

  • Mellorar a autonomía persoal (incluíndo a autonomía doméstica, urbana…), social, laboral… das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual da entidade.
  • Elaborar materiais adaptados ás necesidades concretas dos usuarios e usuarias para traballar a súa autonomía.
  • Facer partícipes ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual das distintas ofertas de ocio e tempo libre, formación, etc. da comunidade.
  • Acadar unha participación activa do persoal voluntario en todas as actividades relacionadas coa autonomía (persoal, social, laboral…).