A Fundación DOWN COMPOSTELA recibe unha achega do Programa Operativo de Garantía Xuvenil 2018-2019 para entidades sen ánimo de lucro, por importe de 35.512,82 euros, que lleva permitirá contratar a tres persoas para realizar servizos de interese xeral e social no SEPAP da Fundación.
Estes profesionais desenvolverán as súas funcións no marco do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) da Entidade.
En concreto, contrátase a:
- Un logopeda, para a rehabilitación das funcións das habilidades linguísticas e a comunicación.
- Un formador, que desenvolverá obradoiros para a adquisición de habilidades e coñecementos prácticos.
- Un ordenanza, que desempeña funcións auxiliares no departamento de Administración.
O obxectivo xeral da actuación é dobre. Por unha parte trátase de dar resposta ás necesidades detectadas no SEPAP da Fundación e, por outro, dar a oportunidade a persoas menores de 30 anos de ter unha oportunidade laboral.