![]() |
O Servizo do Inclusión Social proporciona unha preparación individualiza das persoas con discapacidade intelectual para a autonomía persoal, social e laboral dende unha concepción integral porque as persoas non se fragmentan en áreas nin se dividen en compartimentos estanco. Trátase de proporcionar a cada persoa un itinerario global de inclusión axustado ás súas necesidades formativas e ás súas habilidades.
Ó longo do ano 2011, os usuarios participaron en diversas formacións coa finalidade de mellorar a súa inserción social e laboral
![]() |
As habilidades básicas e polivalentes para o emprego foi unha das primeiras accións do ano. Trátase dun formación persoal e de carácter xeral e básico para toda clase de traballos e medios laborais
Máis da metade dos usuarios e usuarias do Servizo de Inclusión social e Laboral participaron nas Habilidades Adaptativas e nas Habilidades Adaptativas para mulleres con discapacidade intelectual. Estas accións de carácter individual están encamiñadas a fomentar a súa autonomía e independencia brindandolle os apoios precisos en áreas como a autonomía no fogar, manexo do diñeiro, autonomía urbana, coidado persoal,.. así como aquelas habilidades nas que teñen unha dificultade significativa e que hai que traballar de forma específica para minimizar as dificultades sociais e laborais que isto lles orixina
En canto as accions formativas ocupacional, os usuarios e usuarias poideron formarse na área de xardinería, con dous cursos de Operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes
![]() |
Así mesmo, a formación en as novas tecnoloxías tamen tivo o seu oco no Servizo de Inclusión Social, xa que durante o mes de decembro un grupo de usuarios e usuarias tivo a oportunidades de formarse en Alfabetización Dixital co obxectivo de acadar uns coñecementos básicos en informática
En resume, estas e outras accions que pon en marcha a Fundación Down compostela, permite a entidade seguir traballando en prol da inclusión social e persoal das persoas coa Síndrome de Down e /ou outra discapacidade intelectual
O Servizo de Inclusión Social e Laboral, da Fundación Down Compostela, está dirixido a persoas con discapacidade intelectual en xeral, e con síndrome de Down en particular, que teñen unha cualificación de minusvalía superior ao 33%, segundo a lexislación vixente, e que residen na Comunidade Autónoma de Galicia, maiores de 16 anos, non escolarizados e que precisan de apoios nos ámbitos social e laboral.
![]() |




