Un grupo de oito mozos e mozas da Fundación DOWN COMPOSTELA estanse formando no sector da hostalería participando no programa ‘Formación prelaboral e capacitación profesional no sector da Hostalaría para persoas coa Síndroem de Down ou discapacidade intelectual’.  Esta formación conta cunha achega do Fondo Social Europeo e da Consellería de Política. Social de 11.371,50 euros.

Breve descrición do proxecto

A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para mellorar as competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 8 participantes  pertencentes a diferentes concellos da área de Santiago de Compostela.

Obxectivo xeral do proxecto

Garantir ás persoas participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para o acceso ao mercado de traballo a través da capacitación profesional no perfil profesional da Hostalería.