Nome do proxecto:Formación prelaboral e estimulación cognitiva de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Contía da achega: 25.330,73
Breve descrición do proxecto:A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado daquela formación e recursos de apoio que máis se adecúen ás necesidades de cada persoa para garantir a estimulación e mellora das súas capacidades e competencias cognitivas.
En total, beneficiaranse do proxecto un total de 33 participantes das áreas de Santiago, Pontevedra e Ourense, dos cales preto do 40% serán mulleres.
Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora da autonomía, das habilidades prelaborais e da participación na comunidade.