Seis mozos e mozas da FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA participar na actividade Formación prelaboral e estimulación cognitiva para persoas coa Síndrome de Down ou discapacidades intelectual, que está financiada pola Conselleria de Política Social. Desta actividade beneficiasse en total 24 participantes das áreas de Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense.

A contra da achega da Consellería ascende a 27.438,91 euros para o conjunto das actividades participantes nesta iniciativa.

Breve descrición do proxecto

A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado daquela formación e recursos de apoio que máis se adecúen ás necesidades de cada persoa para garantir a estimulación e mellora das súas capacidades e competencias cognitivas.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 24 participantes das áreas de Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Obxectivo xeral do proxecto

Mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora do desenvolvemento das actividades da vida cotiá, da autonomía, das habilidades prelaborais e da participación na comunidade.