Un grupo de oito persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual da Fundación DOWN COMPOSTELA participan no programa de ‘Formación prelaboral e estimulación cognitiva de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual’ que promove a Fedeación DOWN GALICIA coa financiación do Fondo Social E uropeo e a Consellería de Política Social cuha achega de 48.220,86 euros.

Breve descrición do proxecto

A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado daquela formación e recursos de apoio que máis se adecúen ás necesidades de cada persoa para garantir a estimulación e mellora das súas capacidades e competencias cognitivas.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 47 participantes das áreas de Santiago, Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Obxectivo xeral do proxecto

Mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora do desenvolvemento das actividades da vida cotiá, da autonomía, das habilidades prelaborais e da participación na comunidade.