A Fundación Down Compostela desenvolve as actuacións Proxectos de Inclusión Social e/ou Sociolaboral e Curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais enmarcadas dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Proxectos de Inclusión social e/ou sociolaboral
- Contía da achega:9.734,74
- Breve descrición da actuación:A partir da valoración individual e diagnose de cada persoa participante, deséñase un itinerario personalizado de inclusión social e/ou sociolaboral en función das dúas necesidades e características. A partir do itinerario deseñado lévanse a cabo durante o período establecido as diferentes actuacións definidas no mesmo coa fin de mellorar as súas posibilidades de inclusión sociolaboral. Esta actuación está dirixida ó colectivo de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
- Obxectivo xeral da actuación:Dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais das persoas participantes para a mellora da súa inclusión sociolaboral a través do acompañamento, titorización, orientación, resolución de conflitos,…e todas aquelas accións deseñadas e acordadas nos seus itinerarios persoais.
- Resumo de indicadores de execución e resultado: Promover a inclusión sociolaboral e dinamizar as capacidades e recursos persoais e sociais de 20 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a través do deseño, diagnose, seguimento e da implementación das diferentes actuacións individuais e/ou grupais recollidas nos seus itinerarios de inclusión sociolaboral que respondan ás súas necesidades persoais, sociais e laborais así como o asesoramento continuo das mesmas (titorización, orientación, resolución de conflitos, )
Curso Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais
- Contía da achega: 3.996,68
- Breve descrición da actuación: Curso de capacitación profesional enmarcado dentro da Orde na liña de actuación: B) 2º-Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social. 2ª-Actuacións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social, incluíndo formación dirixida ao autoemprego e constitución de cooperativas.
- A proposta formativa Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais conta con un total de 164 horas lectivas estruturadas como sigue:
Nº Módulo |
DENOMINACIÓN DO MÓDULO |
Distribución horas Teórico-prácticas |
TOTAL HORAS |
|
Teoría |
Práctica |
|||
Modulo 1 baseado no MF0969_1 |
Técnicas administrativas básicas de oficina |
30 |
18 |
48 |
Módulo 2 baseado no MF0970_1 |
Operacións básicas de comunicación e atención á clientela |
20 |
40 |
60 |
Módulo 3 baseado no MF097_1 |
Reprodución e arquivo |
18 |
20 |
38 |
Módulos transversais |
FCOO03 Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero |
10 |
|
10 |
FCOXXX05 Formación para a igualdade |
8 |
|
8 |
|
TOTAL HORAS |
86 |
78 |
164 |
- Obxectivo xeral da actuación: Mellorar a empregabilidade do colectivo de persoas con discapacidade intelectual en xeral e Síndrome de Down en particular a través da capacitación nun perfil profesional da familia profesional de Administración e Xestión.
- Resumo de indicadores de execución e resultado: Capacitar a través da formación para o emprego a 8 persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e mellorar a súa empregabilidade a través da capacitación nun perfil da familia profesional de Administración e Xestión.