A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Traballo e Benestar, financia o programa de Asociación Down Compostela Fomento da participación na comunidade e actividades de lecer, que ten como obxectivo xeral Fomentar o desenvolvemento dos rapaces e rapazas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual de actitudes e capacidades para o seu tempo de lecer de maneira que adquiran habilidades de autonomía, habilidades sociais e independencia.
![]() |
Coas actividades programadas, a Asociación quere favorecer a capacidade de elección e a toma de decisións dos usuarios do proxecto a través de accións como seleccionar a actividade que máis lle interesa. Fomentar a participación dos mozos e mozas con discapacidade intelectual nas actividades e favorecer as súas habilidades sociais e instrumentais e de autonomía (uso do teléfono, expresión verbal…) a través de accións como chamar por teléfono para apuntarse, por exemplo, son outros dos obxectivos que se logran acadar con este proxecto.
Todas as actividades desenvolvidas neste proxecto durante o presente ano se desenvolvemos en contornos naturais e normalizados, buscando a integración das persoas con discapacidades tamén no seu tempo de lecer, o que incrementou a satisfacción dos máis de 40 usuarios neste proxecto.
Para levalo a cabo, a Asociación Down Compostela contou cunha achega de 4.000 euros.
