Unha merendola no parque do Restollal serviu tamén para por fin as actividades de ocio o pasado curso

Unha merendola no Restollal serviu tamén para por fin as actividades de ocio o pasado curso

Inter-actúo no meu tempo de lecer, o programa deseñado pola Asociación Down Compostela para que as personas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual poidan desfrutar do seu tempo de ocio con diferentes actividades acaba de recibir unha subvención da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de 4.000 euros.

O programa de ocio de Down Compostela desenvolvese habitualmente os venres a través de diferentes actividades. Caracterízase porque son as propias personas con discapacidade as que deciden as actividades que nas que van a participar cada semana. Nunha reunión que habitualmente se celebra os luns, os mozos e mozas prantexan diferentes actividades para esa semana (habitualmente son cinco as elexidas) e, logo, cada un debe anotarse na que máis lle apetece participar. Deste xeito, o programa contribúe a que as persoas con discapacidade fomenten a súa capacidade de decisión.

Ir ao cine, ao teatro, saídas a cear e a discoteca, tomarse unhas tapas, ir aos partidos de fútbol ou fútbol sala, a piscina ou a dar un paseo pola cidade son algunhas das actividades nas que participa os xoves e adultos de Down Compostela cada semana.

Este primeiro venres de setembro, como principio do curso, as mozas e mozos de Down Compostela decidiron organizar unha merenda no parque de Restollal a partires das cinco da tarde. Sin duda será un bo momento para compartir cos amigos como transcorreu o verán e que espera cada un ou cada unha do curso que acaba de comenzar.